viernes, 10 de febrero de 2012

Acto antiimperialista en Santiago de Compostela

O próximo xoves 23 de febreiro os Colectivos da Mocidade Comunista realizaremos unha palestra-debate sobre o Antiimperialismo, a Unión Europea e a OTAN. Este acto enmárcase dentro da campaña antiimperialista que os Colectivos de Jóvenes Comunistas estamos a levar en todo o estado durante o mes de febreiro. Con el, pretendemos mostrar que estruturas como a UE e a OTAN non teñen por obxectivo a "paz mundial", a "unión cultural de distintos pobos", etc., tal como se presenta dende o punto de vista das clases dominantes, senón que son estruturas imperialistas para oprimir aos pobos e escravizalos. Tamén cremos que o posicionamento sobre este punto é fundamental para trazar unha liña de demarcación entre o campo revolucionario e o campo reformista, xa que este último fala de "cambiar substancialmente a actual Política Exterior e de Veciñanza da UE" e non da necesidade da súa disolución e saída inmediata do Estado Español desa estrutura imperialista.





Xoves 23 de febreiro ás 20:00 horas na aula 01 da Facultade de Ciencias Políticas da Universidade de Santiago de Compostela,
Contra a UE e a OTAN!!