viernes, 24 de febrero de 2012

CRÓNICA DO ACTO CONTRA A UE E A OTAN

Na tarde do xoves 23 de febreiro os Colectivos da Mocidade Comunista realizamos o acto que tiñamos previsto contra a UE e a OTAN, enmarcado dentro de campaña estatal "febreiro antiimperialista". Neste acto, expuxemos particularmente como a UE non é un proxecto dos pobos senón dos monopolios europeos, unha organización política de carácter imperialista creada para beneficiar ás oligarquías europeas, onde unhas exercen un papel dominante e outras un subordinado. Tamén repasamos algunhas das directrices emanadas dende a UE, como a directiva Bolkestein ou a Directiva da Vergoña (chamada "Directiva de Retorno") e as privatizacións de servizos públicos e posta a disposición da universidade pública ao servizo dos capitais (plan Bolonia e Estratexia Universidade 2015), políticas todas promovidas dende a UE. Sinalamos tamén o carácter reaccionario da UE, xa que como organización imperialista “tende á reacción", como dicía Lenin, e boa mostra diso é o anticomunismo da UE que aparece na condena a países socialistas como Cuba (a través da "posición común sobre Cuba") e a equiparación do nazi-fascismo e o comunismo. Con isto, pretendemos demostrar que as organizacións imperialistas como a UE e a OTAN non son reformables, senón organizacións a combater pola xuventude antiimperialista.